El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » La Quinta

EDITORIAL

Etiquetados en galego, de agasallo

08.12.2017 
A- A+

CAMPAÑA Co obxectivo de poñer en valor o esforzo daquelas empresas que apostan polo galego no etiquetado dos seus produtos comerciais, o Foro Enrique Peinador coa colaboración da Xunta de Galicia acaba de presentar o vídeo Nadal + Galego. Trátase dunha invitación aos consumidores a que durante as próximas festas de Nadal aposten por comprar aqueles produtos que están etiquetados na nosa lingua. Unha magnífica carta de presentación, sen dúbida, de aquelo que están a adquirir, en moitos casos como agasallo para estas datas, e que confirma que cumpre coa garantía de proximidade e de calidade que tanto se demanda na sociedade actual. E ademais, sabendo que, como recordou onte o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, "o consumidor non se verá defraudado porque levará á súa mesa de Nadal o mellor produto de Galicia". O vídeo presentado onte, forma parte dunha nova campaña publicitaria que busca difundir a súa mensaxe de galeguidade no consumo, contribuíndo desta forma a fomentar a necesaria normalización do uso do idioma galego no mundo da economía e da empresa.