El Correo Gallego

Opinión » Que din os rumorosos

ANTÓN TRABANCA

Que din os rumorosos

17.05.2018 
A- A+

1 ¿Que vai pasar coa consulta de En Marea sobre Paula Quinteiro? Na segunda parte da pregunta que fai o Consello dás Mareas non se respecta a presunción de inocencia da parlamentaria, o que é darlle munición ao sector crítico coa proposta. Ela xa deixou ben claro que a opinión dos inscritos (actuais) tráella ó pairo e que por tanto de renunciar ao acta... rien de rien. Que solución hai? Esperar a que as bases apoien a Paula ou empezar a rezar para que o partido instrumental non salte polo aire... con máis deputados no Mixto que no propio grupo.

 

2 ¿Que dirixente político, como santa Teresa, vive sen vivir nel tras coñecer unha enquisa demoledora? As municipais achéganse a pasos axigantados e as sondaxes realizadas polo propio partido revelan que pode ser un desastre dos grandes ata nos lugares onde están máis consolidados. Se iso ocorre as consecuencias non as queren nin imaxinar aínda que, como sempre pasa, hai algúns que se fregan as mans: "Xa o diciamos nós".

 

3 ¿Empeza a notarse o impacto da presenza do rei emérito en Sanxenxo? Os iates dalgunhas grandes fortunas, incluído o de Amancio Ortega, van dar outro atractivo. É cuestión de tempo.

PREGUNTA DO MILLÓN

¿Por que Mariño Noriega, alcalde da cidade e xefe da policía onde se produciu o incidente e membro destacado de En Marea, non di nada sobre o caso de Paula Quinteiro?