Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 13.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Opinión » Que din os rumorosos

HELENA VILLAR JANEIRO ESCRITORA

notas de actualidade

O labirinto ario

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Teño debilidade pola arquitectura dos pazos desde que pasaba por Gomeán cara a Lugo en coche de liña e albiscaba unha construción granítica á man esquerda que chamaban así. A palabra pazo tiña connotacións de riqueza e poderío da nobreza rural galega na Idade Moderna que nos deixaban coa boca aberta aos humildes. Máis tarde descubrín os de Mariñán, Oca e algún outro, aos que puiden entrar xa sen complexos, e o de Sistallo, na benquerida Chaira. O último que visitei foi o de Tor na media tarde do venres pasado, aínda con día suficiente para me emocionaren a paisaxe e o serán gris de babuña moi mansa.

Tomei unhas imaxes do xardín labiríntico de pedra que ten detrás, a parte que máis me atraeu do grandioso edificio. Por entre a obra dun arquitecto italiano do século XVIII, que cobrou vida grazas ás pedras liquenadas tan similares ás vellas maceiras que ten cerca, andaban pitas, ocas e ovellas, e o tempo corría cara a atrás. Na entrada, agardaban Alfredo Pardo e Encarna Lago, os estupendos anfitrións da velada, porque iamos asistir a unha das primeiras exhibicións da curtametraxe O labirinto ario, produción de Chantada Films e Chantada Comunicación, dirixida por Alfredo sobre un guión de Ana Belén Diz. Asistiriamos á proxección unha peza xenial cargada de humor e chiscadelas ao cine e á literatura -porque toca recursos dos actuais best seller, como a busca do Grial e as sectas ocultistas medievais- e tamén unha homenaxe ao pazo onde transcorre unha das accións máis fantásticas do noso cinema: a intriga galega arredor do esoterismo nazi coa presenza de Franco, a marquesa/dona Carme, Adolfo Hitler, outros nazis, a filla inocente que será sacrificada por súa nai ao estilo bíblico a prol dun interese superior que é conseguir a pureza da raza mediante a clonación do Führer na que chegan a intervir os extraterrestres, cun recordo aos vellos ritos en Santa Eulalia de Bóveda.

O filme esta inspirado no labirinto do xardín e é nese espazo onde xoga a inocente moza co parviño aldeán no seu principio e onde agarda pola merenda da avoa o bigotudo Adolfito no final. A proxección foi un privilexio, por asistiren moitos actores -profesionais como Julio Cela e Alejandro Carro, ou veciñais- e por estarmos no espazo no que se enmarca a maior parte desta curta chantadina candidata nos Premios Mestre Mateo. ¡Pois que haxa sorte!

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS