Miércoles 19.06.2013
| Actualizado 11.05
Hemeroteca web
|
RSS
Entrevista
Daniel Formoso, Patrón maior de Muros'
Unha persoa morreu e outra sufriu feridas o naufraxio dunha embarcación rexistrado esta mañá na ría de Muros. A alerta da radiobaliza activouse ás 6.40 horas cando, ao parecer, a embarcación, Serviola I, un cerqueiro con base en Portosín, chocou contra unha batea da Ría de Muros, abriu unha vía de auga e, posteriormente, foise a pique. Así o sinalaba en Radio Obradoiro o patrón maior de Muros. Daniel Formoso explicou que "o cerqueiro de Portosín chocou cunha batea. Decatáronse de que o barco metía auga, quixeron voltar ao porto de Muros pero antes de chegar afundiu".
Segundo dixo, varios dos tripulantes "nadaron cara a batea e foron rescatados". Con todo, nin os efectivos en mar nin os sanitarios puideron facer nada por salvar a un dos tripulantes, veciño de Portosín, que xa falecera. Unha vez en porto, o 061 trasladou a outro dos mariñeiros, de 21 anos e orixe marroquí, até o Hospital Clínico Universitario de Santiago. Os outros tres tripulantes, de nacionalidade senegalesa, mauritana e marroquí segundo fontes do porto de Muros, resultaron ilesos e foron dados de alta.
O patrón maior, situado no lugar sinistro, explicou que arestora tratan de analizar "as circunstancias do accidente" pero dixo que "puido deberse a un despiste" e que o "mar estaba en total calma". Segundo dixo, foi "un deses accidentes marítimos que se producen como os que ocorren nas estradas".
