El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

As Anpas galegas estiman nun 80% a inasistencia do alumnado da escola pública para evitar as reválidas

En Radio Obradoiro, Javier Sánchez reiterou que as probas da LOMCE só serven "para xerar estrés, gastar cartos innecesariamente e orientar ós rapaces cara unha educación de excelencia ou cara a FP" // Piden que se derrogue a polémica lei, e que dunha vez por todas se chegue a un consenso que deixe a educación fóra do debate político

Mobilización deste mércores diante da Consellería de Educación, en Santiago - FOTO: Ramón Escuredo
Mobilización deste mércores diante da Consellería de Educación, en Santiago - FOTO: Ramón Escuredo

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

>Javier Sánchez, presidente da Confederación Anpas Galegas

SANTIAGO. RO  | 11.05.2016 
A- A+

Este 11 de maio comezaron as probas de reválida para os alumnos galegos de sexto de Primaria. Para os de terceiro celebraranse na última semana de maio. Os rapaces teñen por diante tres días de exames con probas de comunicación lingüística en castelán, galego e unha lingua estranxeira, matemáticas, ciencia e tecnoloxía.

Unas probas que, segundo o presidente da Confederación Anpas Galegas, "só serven para xerar estrés, gastar cartos innecesariamente e orientar ós rapaces cara unha educación de excelencia ou cara a FP". Nunha entrevista este mércores en Radio Obradoiro, Javier Sánchez sinalou que, se ben os datos aínda son "moi provisionais", estiman "nun 80% a inasistencia do alumnado da escola pública" nesta xornada. A Xunta rebaixa a porcentaxe ó 40% de media.

Lembrou que as nais e os pais están no seu dereito de non enviar ós rapaces e rapazas á escola para que non teñan que facer as probas: "a nivel académico non pasa nada, simplemente non terán no seu expediente a calificación de nivel, e dende o punto de vista legal tampouco hai ningún problema".

O que piden é a derrogación "canto antes" da LOMCE. Se é preciso, engadiu Sánchez, están dispostos "a volver ó sistema educativo anterior, mentres non se define un novo modelo de xeito consensuado e meditado". Tamén considera fundamental sacar este asunto do debate político.

Mentres non se consiga a derrogación da LOMCE, seguirán coas mobilizacións.

Síguenos en Twitter e Facebook