Miércoles 22.02.2012
Hemeroteca web
|
RSS
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que levará ó Parlamento de Galicia o debate sobre a cooficialidad do topónimo 'La Coruña' se o pleno do Consistorio coruñés alcanza un acordo e llo demanda "oficialmente" ó Executivo autonómico.
Así se pronunciou o máximo mandatario galego en relación ás declaracións efectuadas polo alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, nunha entrevista co diario 'El País', onde manifestou o seu desexo de "legalizar" o topónimo castelán da cidade herculina.
"Se o alcalde quere a cooficialidade de 'La Coruña', o que ten que facer é aprobar un acordo plenario e solicitarllo formalmente á Xunta", recalcou e sinalou que, se o Concello dá este paso, o seu Goberno levará a petición á Cámara autonómica. "Este é o procedemento, os acordos e non as manifestacións nos medios", concluíu.
