Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.02.2012      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

Joaquín Dosil falou este mércores en Radio Obradoiro

"En Galicia temos talentos extraordinarios nas universidades, ós que hai que axudar a atopar un emprego"

08.02.2012  O coordinador do Fórum Cicerón explicou que na primeira edición deste programa, o 50 por cento dos estudantes conseguiron un posto de traballo // A segunda, para a que xa comezou a recepción de currículos, celebrarase en abril // Está dirixido a alumnos de último ano de carreira ou que se licenciaran no curso 2010-2011

3.3/5 [3 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. RO

Imaxe da presentación da segunda edición do Fórum Cicerón FOTO: Qcoach
Imaxe da presentación da segunda edición do Fórum Cicerón
FOTO: Qcoach

Os días 11,12 e 13 de abril o Concello de As Pontes acollerá a segunda edición do "Fórum Cicerón, se busca talento", cuxo obxectivo é botarlle unha man ós universitarios galegos para que poidan ser contratados. En Radio Obradoiro, o coordinador do fórum explicaba que "en Galicia temos talentos extraordinarios, ós que hai que axudar a atopar un traballo, sobre todo nestes difíciles momentos".

Tal e como sinalaba Joaquín Dosil, o fórum ten un doble vertente: "a formativa, que lles permite ós estudantes poder traballar e formarse en distintas competencias transversais, e a empresarial, xa que as firmas presentes poderán ver como os universitarios van competindo entre sí e chegar a contratalos". O resultado da primeira edición foi francamente bo, xa que "o 50 por cento dos estudantes acabaron traballando".

O Fórum Cicerón está dirixido a alumnos de último ano de carreira, ou que se licenciaran no curso 2010-2011. Os interesados en participar poden atopar tódolos datos en www.sebuscatalento.es. Dosil sinalaba que o que teñen que facer é enviar o seu expediente académico, o currículum e unha carta de presentación. O prazo de recepción está aberto e remata o 23 de marzo.

O coordinador do Fórum Cicerón insistiu en que o que máis se vai valorar "é que ese alumno tivera durante a súa vida outros intereses, como por exemplo traballar durante o verán como camareiro ou nunha discoteca". O ano pasado recibiron 265 currículos, dos que chegaron ó final 32. Tamén serán 32 os que se van seleccionar nesta segunda edición, na que se espera recibir entre 350 e 400 solicitudes.

Preguntado polas carreiras que poderían ter unha mellor saída, Dosil apuntou que iso é algo que "van marcar as empresas. O ano pasado tiveron máis opcións Empresariais e as enxeñarías".

 

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Radio Obradoiro

Entrevista

Joaquín Dosil


Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS