El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

TECNOLOXÍA EN RADIO OBRADOIRO

Os mellores furanchos e tabernas de Galicia, no móbil

'Imos?' é unha aplicación que permite localizar lugares singulares que só coñece xente da zona // É unha guía xenuína de Galicia que ofrece tamén máis de 900 praias galegas e puntos de información turística

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Xurxo Méndez, un dos creadores de 'Imos?'


SANTIAGO. RO  | 15.10.2012 
A- A+

GalApps
Imos?
FOTO: GalApps

Dar cunha praia, taberna tradicional ou furancho é agora máis sinxelo con Imos?, unha guía para o móbil que permite atopar os lugares máis auténticos de Galicia acompañados de valoracións dos clientes e usuarios. A aplicación foi creada por tres mozos galegos, os enxeñeiros informáticos Xurxo Méndez, Juan Porta e a licenciada en Belas Artes, Sabela Barreiro. Xuntos idearon xa varias GalApps, como o DicionarioGalego e o TradutorGalego, pero esta, segundo explicou Méndez, é a aplicación máis "dinámica". Nunha entrevista en Radio Obradoiro (que se pode escoitar no audio que acompaña a esta nova) Méndez sinalou que 'Imos?'  "é unha guía na que se recollen sitios tradicionais de Galicia, tanto de gastronomía (furanchos, casas de comidas, tabernas...), como praias e puntos de información turística. É unha guía de bolsillo para o tempo de lecer en Galicia. Permitimos aos usuarios puntuar e valorar eses lugares singulares e ademais engadir sitios que non aparecen e que vaian descubrindo".

A idea que deu lugar a Imos? xurdiu, segundo explicou, por necesidade persoal. "Como viaxeiros gústanos visitar os lugares máis xenuínos, aqueles que só coñece a xente do lugar, e  non ir aos establecementos preparados para os turistas. Pensamos que as guías tradicionais non recollen estes lugares e que non había ningunha aplicación feita deste xeito".

Imos?, que dentro de pouco estará dispoñible para móbiles Android, pode mercarse por 0,79 euros para Iphone, iPhone, iPod e iPad. Por certo, que entre as tabernas mellor valoradas polos usuarios está no Top 1 o Fogar do Santiso, situado no concello de Teo.