El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

Morre a escritora e xornalista Begoña Caamaño

A autora de 'Morgana en Esmelle' faleceu este luns en Santiago, onde residía // Unha cerimonia civil en Boisaca despedirá este martes, ás 15.00 horas, á novelista viguesa

Begoña Caamaño - FOTO: ECG
Begoña Caamaño - FOTO: ECG

SANTIAGO. RO  | 28.10.2014 
A- A+

Hoxe faleceu en Compostela a escritora e xornalista Begoña Caamaño. A autora, nacida en Vigo en 1964, loitaba contra o cancro dende hai tres anos. Caamaño traballaba como xornalista na Radio Galega desde 1989 e deuse a coñecer como escritora coas novelas 'Circe ou o prazer do azul' e 'Morgana en Esmelle'. A súa calidade literaria fíxoa merecedora do aplauso do público e de varios galardóns, como o Premio da Crítica Española 2012.