Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 13.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

VOLVE A POLÉMICA

O PSdeG acepta a dobre toponimia da Coruña "se ten consenso" e critica o PP por "abrir un debate de hai 20 anos"

28.09.2009  Vázquez recorda que a Lei de Toponimia é do PP e cre que se hai un debate sobre esta cuestión, debe analizalo o pleno municipal

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS. SANTIAGO

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, mostrouse hoxe partidario de aceptar a dobre toponimia da Coruña no caso de que esta goce do "consenso" da sociedade a través do pleno do concello e, tras isto, criticou o PP por "reabrir un debate de hai 20 anos".

De feito, en rolda de prensa en Santiago, recordou que a Lei de Toponimia de Galicia, que establece que a única nomenclatura oficial é a galega, foi redactada pola anterior Xunta, liderada polo PPdeG, polo cal "o topónimo actual púxoo o PP".

Así se pronunciou o xefe de filas do PSdeG en relación ás declaracións do alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, quen mostrou, nunha entrevista co diario 'El País', o seu desexo de "legalizar" o topónimo castelán da cidade. No entanto, sinalou que quen puxo este asunto sobre a mesa foi o voceiro popular no concello coruñés, Carlos Negreira, "con evidente desautorización" por parte do seu partido.

Convencido de que calquera cambio sobre o topónimo "debería ser froito dun consenso cidadán e non dun debate artificial", asegurou que o seu partido non tería "ningún problema" en aceptar o nome en castelán, posto que Galicia ten "dúas linguas oficiais". "Ter os topónimos en ambas sería unha cousa absolutamente normal", resolveu.

"O PSdeG nunca tivo problemas coa lingua", insistiu Vázquez, á vez que considerou que "quen si os ten" é o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, posto que o PP é o que "abre sempre os melóns lingísticos". En todo caso, minimizou a cuestión porque "o maior problema" da cidade herculina "non é chamarse dunha forma ou outra".

"A nós non nos xera ningún tipo de problema", reiterou, á vez que asegurou "entender" a postura do BNG -remiso a castelanizar o topónimo- e do PP -proclive a legalizar as dúas formas-. "Nós cremos que temos dous topónimos", resolveu Vázquez, para apostar por "buscar o consenso nun país bilingüe".

De todos os xeitos, considerou que deben ser os cidadáns da Coruña, a través dos seus representantes políticos, os que se deben pór de acordo sobre este asunto para "decidilo e expolo oficialmente".

A maiores, preguntado sobre se unha posible reforma no topónimo da cidade herculina derivaría nunha modificación da lei ou nun caso concreto da mesma, evidenciou que foi o PP o que oficializou o topónimo A Coruña, polo cal defendeu que debe ser este partido o que explique "como facer unha nova formulación".

"Galicia non ten o debate aberto, se A Coruña o quere abrir, que o abra", opinou Manuel Vázquez, quen apuntou posteriormente que a cidade herculina conta "cunha vía" para facelo.

No entanto, considerou "moi sorprendente" a reapertura dun debate "que estaba pechado" e que, en calquera caso, non ten, a xuízo do líder dos socialistas galegos, "a máis mínima transcendencia".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo
 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS