Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.02.2012      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

idioma

O PSdeG bascula cara á tese do PP

28.09.2009  Javier Losada desafía o seu partido e reclama como oficial o topónimo en castelán da Coruña

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

O alcalde da Coruña, Javier Losada, colleu onte por sorpresa o seu propio partido, o PSdeG, ao anunciar que a batalla pola recuperación do nome en castelán da cidade será unha prioridade do seu labor como alcalde. Losada, que goberna en coalición co Bloque Nacionalista Galego (BNG, rompe así as súas máis recentes declaracións sobre a toponimia e a política desenvolvida polos socialistas nos últimos anos, despois de que o ex alcalde coruñés Francisco Vázquez -máximo alentador da polémica toponímica- fose nomeado embaixador de España ante o Vaticano.

Losada, nunha entrevista publicada onte por El País, dálle a razón ao Partido Popular (PP) -que está na oposición no concello- e se enfronta aos seus socios de goberno, nun novo escenario que facilita a liña do presidente galego, Núñez Feijóo, que delegou nunha decisión do concello a posibilidade de modificar a Lei de normalización lingüística para facer compatible a denominación da cidade en castelán coa oficial en galego.

Losada, con todo, ataca o PP por tomarlles "o pelo ós coruñeses. Foron eles os que sacaron a L, os que me perseguiron e me levaron ó xulgado por ese tema. E foron eles os que conseguiron que non puidésemos ter o que eu desexo, e o que desexan os socialistas coruñeses do que son o máximo responsable, que é a oficialidade das dúas formas de chamar a cidade, legalizar o topónimo castelán da nosa cidade", declara a El País.

Losada chega a dicir que "xa hai un acordo plenario do Concello. Teno a Consellería da Presidencia desde 2004. O señor Feijóo só ten que pedirllo e levar unha lei ó Parlamento. Ten maioría absoluta para sacala adiante. Espero que a voten todos".

Porén, o Grupo Socialista no Parlamento galego votará en contra da iniciativa, algo que non lle preocupa ao alcalde: "Non sei [o que farán]. Eu dígolle o que van facer os socialistas coruñeses, e é, se nos dan a oportunidade legal, utilizar os dous nomes da cidade como sempre o expuxemos".

Á pregunta de se a batalla do topónimo vai ser un dos retos da lexislatura, Javier Losada contesta: "Mire vostede, se os señores Negreira e Feijóo son coherentes, non deben tardar nin un minuto en levalo ó Parlamento. O Concello xa dixo como quere que se lle chame á cidade, e o alcalde tamén. Polo tanto, o señor Feijóo ten nas súas mans todas as oportunidades para oficializar os dous topónimos. O PP é o culpable de que A Coruña non se chame La Coruña. Se agora ten cargo de conciencia, pois acto de contrición e penitencia. Eu teño as cousas moi claras e unha traxectoria fóra de toda dúbida neste asunto".

O DATO

Nova fenda nos socialistas

Javier Losada volve sementar de discordia un dos temas que máis mancou ao PSdeG nas últimas décadas: a defensa da lingua galega. Aliñado coas teses do PP, e coas que defendeu cando era o "segundo" de Francisco Vázquez, Losada dispara agora contra a Lei de normalización e faino cando goberna co BNG

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS