Miércoles 22.02.2012
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| O obradoiro dará claves para facer a compra con produtos económicos e saudables FOTO: Antonio Hernández |
A Mancomunidade de Municipios de Ordes organiza dende hoxe un obradoiro de economía doméstica. Este mércores no programa 'Caixón de sastre', a educadora familiar da Mancomunidade de Ordes explicou que a iniciativa pretende "ensinar aos participantes estratexias para aforrar, para planificar e reducir gastos". Segundo Begoña Lorenzo, a actividade vai dirixida ao público en xeral, a todos os que queiran controlar a economía do fogar. Lorenzo explicou que se darán varias estratexias para conseguir ese obxectivo partindo dun primeiro paso. "Analizar cales son os gastos diarios para logo deseñar un plan de aforro".
Ademais o obradoiro "dará a coñecer como realizar actividades de ocio sen gastar diñeiro". Segundo dixo "non se trata de incitar a non consumir, senón de ter un ocio responsable e acorde cos recursos de cada un". A educadora familiar citou algúns dos erros que adoitamos cometer de cara a conseguir o aforro. "Ter acendidos electrodomésticos sen necesidade, non usar a tarifa telefónica máis convinte ou axustar os gastos para chegar a fin de mes pero ceder a gastos para os fillos que son innecesarios".
O obradoiro tamén se meterá na cociña. "A compra é unha das cousas onde máis de nota o aforro, así que daremos unha serie de receitas a base de produtos económicos e saudables"
O curso impártese no local cultural da rúa de Ordes. A vindeira sesión será o próximo mércores día 15. A participación é de balde, podendo acudir á sesión sen necesidade de inscrición previa. Máis información no departamento de Educación Familiar, na rúa Xoxardo, ou no teléfono 981 680 002.
