El Correo Gallego

Noticia 61 de 179 noticia anterior de Capitalidade Santiago Santiago » Capitalidade Santiago

O certame Lingua de Namorar entrega os seus premios na CdC

Márcase como obxectivo dinamizar o uso do galego entre a xuventude nas relacións interpersoais e nas novas tecnoloxías// Participaron 600 mozos

Os conselleiros José Manuel Rey e Román Rodríguez, tercero e cuarto pola dereita, na entrega de premios. - FOTO: Arxina
Os conselleiros José Manuel Rey e Román Rodríguez, tercero e cuarto pola dereita, na entrega de premios. - FOTO: Arxina

MARÍA ABASCAL SANTIAGO  | 14.05.2017 
A- A+

A Cidade da Cultura (CdC) celebrou onte a entrega de premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de Namorar, ­organizado pola Secretaría Xeral e pola Dirección ­Xeral de Xuventude, ­Participación e Voluntariado. Nela ­participaron os ­conselleiros de Cultura, Educación e ­Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de ­Política Social, José Manuel Rey Varela.
O concurso está dirixido a mozos con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos, co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas relacións interpersoais e nas novas tecnoloxías, ­nomeadamente na Internet e na mensaxería ­instantánea, e mais incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para os momentos de lecer e de diversión.
Na súa intervención, Rodríguez salientou que o obxectivo é animar os mozos a expresarse en galego en todos os ámbitos da vida e, dunha maneira especial, nas redes sociais. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt