El Correo Gallego

Noticia 69 de 179 noticia anterior de Capitalidade Santiago Santiago » Capitalidade Santiago

‘Da árbore á cadeira’, a exposición que recorda aos deseñadores pioneiros

Poderá verse na Cidade da Cultura ata o vindeiro 5 de novembro// Recoñece as implicacións dunha actividade que reflicte o que temos e o que somos

INAUGURACIÓN O titular do Goberno galego, co conselleiro de Educación e outras personalidades.
 - FOTO: XdG e CdC
INAUGURACIÓN O titular do Goberno galego, co conselleiro de Educación e outras personalidades. - FOTO: XdG e CdC

VICTORIA ROJAS SANTIAGO  | 08.04.2017 
A- A+

A Cidade da Cultura acolle ata o próximo 5 de novembro a exposición Da árbore á cadeira, unha homenaxe aos deseñadores galegos “pioneiros”.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, estivo presente onte na inauguración e destacou a mostra como unha homenaxe á tradición da madeira en Galicia, que serve para recoñecer as implicacións dunha actividade que fala do que temos e do que somos.
Durante unha visita á mostra, Feijóo afirmou que esta exposición ­reflicte que a madeira forma parte indispensable da nosa vida diaria, a través dos mobles; e que ­transcende ao valor de utilidade, pois tamén serve á creatividade, a través das obras de arte.
A inauguración desta exposición, comisariada polo arquitecto galego Carlos Seoane, asistiron tamén o conselleiro de Cultura, Educación e ­Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo ­Lorenzo; o director xeral de ­Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira; e o viceportavoz da Mesa do Parlamento, Diego Calvo, así como o director xeral do Sabadell Gallego e subdirector xeral do Grupo Sabadell, Pablo Junceda, entre outros. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt