El Correo Gallego

Noticia 59 de 179 noticia anterior de Capitalidade Santiago Santiago » Capitalidade Santiago

Lamazares mostra o seu “testamento pictórico” no Gaiás

‘Flor Novoneira’ supón un encontro co poeta e poderá visitarse desde o 2 de xuño na CdC

O pintor lalinense, Antón Lamazares.  - FOTO: XDG
O pintor lalinense, Antón Lamazares. - FOTO: XDG

ALBERTO NOVA SANTIAGO  | 28.05.2017 
A- A+

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acollerá a partir do venres, 2 de xuño Flor Novoneyra, unha ambiciosa exposición sobre Antón Lamazares un dos pintores galegos con maior recoñecemento e proxección internacional.
O artsta (Lalín, 1954) define este proxecto, como o seu “testamento pictórico”, que supón o encontro do pintor coa poesía de Uxío Novoneyra. “Quero que o meu testamento pictórico sexa Flor Novoneyra porque como él penso tamén que aínda é nova a Terra e que todo o importante que temos que dicir xa nolo ten dito ela”, dí Lamazares.
A mostra esta composta por máis dun cento de obras nas que transcribe versos do poeta do Courel empregando o seu coñecido Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental.
Ademais dos cadros de Lamazares, exhibirá cincuenta caligramas do poeta, considerado un dos introdutores da poesía caligráfica na Literatura galega. A través dun espazo sonoro, o visitante reencontrarase tamén nesta exposición coa voz de Novoneyra, considerado un gran dicidor de versos. A mostra complétase con retratos do autor do Courel realizados por Laxeiro, Tino Grandío, Tavera ou Lorente e cunha escolla de exemplares das súas obras.

Articulo completo en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt