El Correo Gallego

Noticia 93 de 179 noticia anterior de Capitalidade Santiago Santiago » Capitalidade Santiago

Paco Reyes "dá por sentado" que CA "apostará polo proxecto de Herreros para a intermodal"

O portavoz do PSOE en Santiago estivo este luns en Radio Obradoiro, onde confirmou que estará na Ofrenda Nacional ó Apóstolo "non só representando ó meu grupo, senón a toda a corporación municipal"

20.07.2015 
A- A+

O portavoz do PSOE en Santiago foi este luns un dos convidados de Caixón de sastre, o programa matutino de Radio Obradoiro. Nel referiuse á reunión que o alcalde, Martiño Noriega, mantén hoxe con responsables do Adif para falar da estación intermodal da capital galega. Paco Reyes celebrou que "Compostela Aberta concorde con PSOE neste asunto". Segundo dixo, "dou por xentado que apostará polo proxecto deseñado polo estudio Herreros para desenvolver por fases. É o máis barato das estacións do AVE en Galicia". Lembrou que o actual concelleiro de Urbanismo, Jorge Duarte, "sendo decano do Colexio de Arquitectos de Galicia foi un dos vogais do concurso no que foi elixido o proxecto de Herreros".

Noutra orde de cousas, Reyes falou do segundo aniversario da traxedia de Angrois, que se cumprirá este 24 de xullo. Cre que a tardanza no proceso xudicial obedece "á falta crónica de recursos na administración de Xustiza". Sobre a responsabilidade do PSOE no deseño da liña denunciado polas vítimas, sinalou que "as cousas van quedar meridianamente claras no xuízo".

Ademais o concelleiro socialista referiuse á celebración do 25 de xullo para confirmar que "estarei, non só representando ó meu grupo senón a toda a corporación municipal, en tódolos actos, nos civís e nos relixiosos. O PSOE nunca faltou á Ofrenda Nacional ó Apóstolo".

Síguenos en twitter e facebook