El Correo Gallego

Noticia 62 de 179 noticia anterior de Capitalidade Santiago Santiago » Capitalidade Santiago

A sona da Biblioteca e Arquivo de Galicia chega ata a capital de Arxentina

Román Rodríguez, mantivo un encontro co presidente da Academia Arxentina

VIAXE Rodríguez, Moure e Lorenzo en Bos Aires.  - FOTO: G.
VIAXE Rodríguez, Moure e Lorenzo en Bos Aires. - FOTO: G.

10.05.2017 
A- A+

Bos Aires. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, mantivo onte un encontro en Buenos Aires (Arxentina) co presidente da Academia Arxentina de Letras, José Luís Moure, a quen deu a coñecer a actividade da Biblioteca e Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura (no monte Gaiás, Santiago), como institución destinada a preservar a memoria bibliográfica e documental dos galegos.
Durante a entrevista, á que tamén asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, José Luís Moure mostrou o seu interese nesta institución e trasladou ao conselleiro a súa vontade de colaboración, destacando os lazos “históricos e culturais” que unen Galicia e Arxentina. A modo de obsequio simbólico, o presidente da Academia entregou ao representante da Xunta un exemplar do Dicionario da Fala dos Arxentinos para ser depositado na Biblioteca de Galicia. A reunión celebrouse no marco da viaxe institucional que o titular de Cultura do Goberno galego realiza estes días en Arxentina. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt