Martes 16.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 14 de 15]noticia anterior de Santiago Santiago| local@elcorreogallego.es  |  RSS - Santiago RSS

tribuna libre

Unha dose de gloria merecida para o teatro afeccionado

4.0/5 [4 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

J.A. DE LA FUENTE

O martes pasado, día 9, iniciouse o Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magan, coa obra Aquí cheira a morto representada polo grupo compostelán Ditea. A Aula de Cultura Caixa Galicia estaba ateigada de público, como poucas veces se ve en representacións de grupos de profesionais.

Os asistentes acolleron con entusiasmo a montaxe presentada e a boa actuación dos actores e actrices. Non sei se porque o público asistente a este tipo de representacións de teatro afeccionado non ten o suficiente tirón ou porque non asistiu ningunha autoridade que convocase os medios de comunicación, nos días seguintes non aparece, salvo neste xornal, ningunha reseña de tal acto que, quizáis por non contar con subvencións desorbitadas ou por non darlle réditos políticos a ninguén, non lles interesa ós medios.

Temos en Santiago unproblema de memoria e de desprezo polo noso, o máis próximo. No caso de Ditea, que a piques está de facer cincuenta anos de labor teatral ininterrumpida, é manifesto o esquecemento que sofre.

Un queda pasmado vendo e lendo nos medios a importancia que se lles dá a certos actos superfluos que o único mérito que teñen é a capacidade de convocatoria que ten quen os organiza.

Deámoslle, neste caso, ós grupos de teatro afeccionado, unhas mínimas doses de gloria nos medios, que ben o merecen polo labor que realizan a cambio de moi pouco ou nada.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS