El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

{SANTIAGO CAPITAL}

Ambicioso plan de mantemento, conservación e mellora do río Sar

A Consellería de Medio Ambiente impulsa unha serie de proxectos que inclúen a limpeza do leito, marxes, zonas de servidume de paso e pistas de acceso

Unha persoa camiñando polas inmediacións do parque Eugenio Granell - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ
Unha persoa camiñando polas inmediacións do parque Eugenio Granell - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ

GUSTAVO LÓPEZ SANTIAGO   | 11.11.2017 
A- A+

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar nos últimos anos unha serie de traballos que están enmarcados no programa de mantemento, conservación e mellora do río Sar. Grazas a esta iniciativa estase a levar a cabo unha serie de tarefas que consisten na limpeza, conservación e mantemento de leitos, marxes, zonas de servidume de paso e pistas de acceso ao río, de xeito que se facilite o discorrer das augas, así como o mantemento das condicións naturais do ecosistema. No marco destes traballos, a Consellería de Medio Ambiente executou, por exemplo, un plan de obras de conservación no río Sar, ao seu paso por Santiago, co fin de mitigar asolagamentos na zona da Colexiata de Sar.

Os traballos están enmarcados no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia está a desenvolver nos concellos galegos. Un treito de preto de 115 metros de río foi o obxecto desta actuación, co fin de conservar o bo estado ecolóxico do leito e a súa contorna, evitando así inundacións na zona da Colexiata de Sar. Deste xeito, Augas de Galicia realizou un investimento económico de preto de 30.000 euros para a execución deste proxecto de mellora do citado río.