Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 12.02.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Santiago| local@elcorreogallego.es  |  RSS - Santiago RSS

mirando a ver

Amio, o circuíto de karting de Santiago

26.08.2008 

3.8/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANUEL PORTAS

Aínda que os deportes máis practicados e que máis seguidores concentran seguen a ser o fútbol e, en menor medida, o baloncesto, non é menos certo que unha sociedade plural como a nosa dá cabida a máis modalidades deportivas. Dentro destas novas especialidades áchanse os deportes vinculados ao motor -de dúas ou catro rodas-, que están a experimentar entre nós un interese crecente, aumentando de maneira inusitada o número de deportistas que pretenden a súa práctica.

Botemos unha ollada ás concentracións humanas que se producen nos grandes premios que se celebran ao noso redor (Barcelona, Lisboa, Xerez,?), ou ao volume de demanda que hai para a súa práctica alí onde hai instalacións axeitadas. A diferenza do que acontece noutros deportes, a demanda deste tipo de instalacións vai máis alá da formulada polos clubes e entidades deportivas, e moitas persoas, a título individual, desprázanse centos de quilómetros para poder pisar unha pista adecuada. No circuíto de Braga sábeno ben.

Velocidade en Compostela

A falta dunhas infraestruturas para alta velocidade no noso país, Santiago pode albergar un circuíto de Karting que atenda a crecente demanda que existe, máis alá dos límites da propia comarca. A esa conclusión chegouse na Fundación Compostela Deporte, que realizou os contactos cos diferentes sectores interesados, e os estudos previos e encargou o anteproxecto para ubicalo no antigo vertedoiro de Amio. As xestións desenvolvidas culminaron co asinamento público dun convenio-protocolo para a súa construción entre o Alcalde, e presidente da Fundación, en representación do Concello, e o Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Sen estar definida ao pormenor a figura legal que pode xestionar as instalacións, a idea pasa por coordenar o sector público e o privado, compaxinando as actividades deportivas e formativas coa actividade das empresas do motor. Por un lado, as institucións poderán oferecer unhas instalacións deportivas das que carecen os compostelanos -e non só- para disfrutar dos deportes de motor, nomeadamente os clubes da cidade, ao tempo que servirán para as actividades de educación vial, até o momento desenvolvidas só en campañas de maneira simbólica e esporádica. Por outro lado, o interese privado, neste caso das empresas do motor, que carecendo dun espazo adecuado, teñen serias dificultades para poder probar os vehículos, para poder desenvolver actividades extraordinarias, presentacións de novos modelos e eventos importantes relacionados co sector.

Un proxecto meditado

A maiores, e fóra dos usos antes citados, está a utilización recreativa para a poboación en xeral, que poderá permitir non só sufragar o mantemento das instalacións, senón mesmo aportar beneficios que poden ser destinados ao deporte compostelán através da Fundación.Un avance do que pode ser no futuro a instalación estaba deseñado xa? Colectores de barco, a modo de boxes e creando unha zona de usos múltiples, outra de xestión, outra para cafetería e convivio,? que serven para complementar un proxecto moi pensado.

Non deixa de extrañar que habendo pouco máis de un ano da presentación do proxecto, a parcela de Amio, lugar idóneo para a instalación deportiva, sexa utilizado agora para almacenar lixo reciclado. E digo eu, non haberá outra ubicación para isto?

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS