Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 25.05.2013  | Actualizado 13.59 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

En Radio Obradoiro

As casas de turismo rural a carón da ruta xacobea "son as menos perxudicadas pola crise"

A ocupación media destes establecementos o pasado mes de xullo foi do 30 por cento, segundo Agatur, a Asociación Galega de Turismo Rural // O seu presidente, Luciano Sánchez, explica en Radio Obradoiro que en agosto a porcentaxe podería chegar ó 50 por cento // Entre os turistas foráneos, este ano predominan os franceses

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Luciano Sánchez, presidente de Agatur


SANTIAGO. RO  | 08.08.2012 
A- A+

O turismo rural non está vivindo un bo verán dacordo cos datos que se fixeron públicos en xullo, que reflicten que a ocupación media estivo arredor do 30 por cento. Este agosto as cousas irán un pouco mellor, e a porcentaxe achegarase ó 50 por cento. Son, en calquera caso, cifras moi baixas "se as comparamos cas de anos anteriores, onde en xullo por exemplo a ocupación podía acadar o 60 por cento". Así o sinalaba este mércores en Radio Obradoiro o presidente da Asociación Galega de Turismo Rural.

Luciano Sánchez explicaba que aínda que "agosto non está indo moi ben, os datos son mellores que os de xullo". Tamén confirmaba que "os establecementos menos perxudicados pola crise son os situados na contorna da ruta xacobea, que tiveron un bo mes de xuño, se ben en xullo baixou algo". Polo que respecta ás zonas de praia, "en xullo as cousas foron moi mal e non sabemos as razóns porque meteorolóxicamente non foi un mes tan malo".

O que sí destacou Luciano Sánchez é que están a recibir clientes de fóra de Galicia "que veñen por primeira vez ó turismo rural, e que quedan gratamente satisfeitos. Aprezan una relación calidade-prezo moi boa". Durante o verán predominan os turistas procedentes doutros puntos de España e de Europa. Este ano, sinalaba Sánchez, "entre os que veñen de fóra notamos que predominan os procedentes de Francia".

Tamén confirmou que, ó igual que sucede co resto do turismo, cada vez son máis as reservas de última hora e a través de internet. De cara á vindeira tempada, Luciano Sánchez salientou a campaña do outono gastronómico, xa consolidada e con moi boa resposta por parte dos clientes.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS