Noticia 1 de 1
Santiago
| local@elcorreogallego.es |
RSS
Axencia Local de Colocación colaborará con Primark na colocación de máis de cen mozos
CONCELLO DE SANTIAGO | 19.09.2012
A cadea téxtil
Primark ten previsto contratar para a súa nova tenda do
Centro Comercial As Cancelas a máis dun centenar de mozos e mozas composteláns aos que lles guste a moda. Así o asegurou a directora de Recursos Humanos de Primark Iberia, Juana Rodero, ao remate da reunión que mantivo coa concelleira de Emprego, Paula Prado.
A Axencia Local de Colocación colaborará no proceso de selección dos máis de 100 traballadores que Primark demanda para abrir o seu novo establecemento. Esta cooperación esténdeste tanto ao referido á captación e recrutamento de candidatos como á posta a disposición de instalacións para a realización das probas de selección.
A concelleira de Emprego salientou o feito de que unha cadea multinacional como Primark "se teña fixado en Santiago para establecerse", o que significa, ao seu xuízo, que a cidade é capaz de xerar emprego. Ademais, destacou o compromiso de Primark coa responsabilidade social corporativa.
Pola súa parte, Juana Rodero agradeceu a colaboración e o apoio recibido de Paula Prado e do Concello de Santiago.
© 2013 www.elcorreogallego.es ISSN:1579-1572
Todos los derechos reservados. Prohibida la
reproducción parcial o total del contenido sin la
expresa autorización del propietario.