El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O CIPX de Belvís acolle durante o verán unha exposición sobre o lobo

A mostra abrirase cunha charla inaugural titulada "Coexistencia do lobo e o mundo rural", impartida por Carlos Sanz, biólogo, director de documentais e responsable do mantemento e manexo dos lobos no Centro do Lobo Ibérico de Castela e León

FOTO: CDS
FOTO: CDS

CDS  | 04.07.2017 
A- A+

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acollerá dende o 11 de xullo e ata o 30 de setembro a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

A mostra abrirase cunha charla inaugural titulada "Coexistencia do lobo e o mundo rural", impartida por Carlos Sanz, biólogo, director de documentais e responsable do mantemento e manexo dos lobos no Centro do Lobo Ibérico de Castela e León. Será o martes 11 de xullo, ás 19:00 horas, no propio CIPX.

Obradoiros
O Centro de Interpretacións de Parques e Xardíns lembra que, durante o verán, ofrece obradoiros dirixidos a todos os públicos, con dúas temáticas diferentes: as aves dos parques e xardíns e botánica para todos. Máis información e inscricións no propio CIPX ou a través do teléfono 661 406 965 ou da dirección electrónica ilopez@ferrovial.com.