Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 01.11.2014  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O Compostela Organum Festival empeza con Tomás Luis de Victoria

REDACCIÓN.   | 24.08.2011 
A- A+

Santiago. O Ciclo de verán do Compostela Organum Festival organizado polo Consorcio da Cidade de Santiago comezou onte a súa semana de concertos, na igrexa das Ánimas, coa interpretación de Festum omnium sanctórum de Tomas Luis de Victoria, a cargo do organista Vicent Bru e o grupo canario Calpul Múrice. Os compoñenentes do grupo formado polo contratenor Gabriel Díaz, os tenores Luis Sampedro e Conrado Álvarez, e Cristo Delgado ao sacabuche, Julio Chinea ao bassus e Hugo Rodríguez tocando o baixón, acompañaron ao organista Vicent Bru neste concerto. O seu repertorio estivo centrado nas obras de Tomás Luis de Victoria, erudito da historia musical no Renacemento español, ademais de estar catalogado como o primeiro compositor do barroco que escribiu polifonía da época. Calpul Múrice e Bru tamén interpretaron a Antonio de Cabezón, José Jiménez e Sebastián Aguilera de Heredia. Hoxe, á mesma hora terá lugar o segundo concerto a cargo do clavecinista Ignasi Jorda, que interpretará obras de Victoria, Monteverdi e Bach, entre outros. redacción.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS