El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O Concello recupera os xardíns do Pazo de Amarante para o uso cidadán

O Departamento de Parques e Xardíns farase cargo do mantemento desta superficie verde

12.11.2011 
A- A+

Os xardíns do Pazo de Amarante volverán a ter un uso público, segundo anunciaron as concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao. Así se formalizará en breve nun convenio, tal como se acordou na reunión que mantiveron as dúas edís coa secretaria xeral do Patrimonio, Rosa Pedrosa, e co director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel.

O Departamento de Parques e Xardíns farase cargo do mantemento desta superficie verde, que unicamente permanecerá pechada pola noite, nun horario semellante ao dos espazos acoutados da Alameda. O recuperación do uso cidadán para estes xardíns implicará tamén a redución do espazo de estacionamento que se viña empregando ata o momento.

A depuradora, en prazo
A preguntas dos xornalistas, a concelleira de Medio Ambiente aproveitou para reiterar que a depuradora da Sivouta "farase en prazo", polo que "non se perderán os fondos europeos" destinados ao mesmo. Con ese obxectivo –explicou- están a traballar Concello e Xunta, para ter lista toda a documentación e así poder presentarlla de inmediato aos responsables do Goberno saído das urnas o 20 de novembro, e iniciar así a tramitación de impacto ambiental.