El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Corte de tráfico este xoves na praza Roxa

Por mor do concerto que ofrecerá alí, ás 20.00 horas, a Banda Municipal de Música, pecharanse as rúas República do Salvador, San Pedro de Mezonzo e Santiago del Estero entre as 19.45 h e as 22.00 horas

SANTIAGO. CDS  | 12.07.2018 
A- A+

Por mor do concerto que a Banda Municipal de Música ofrecerá hoxe, xoves 12 de xullo, ás 20.00 horas na praza Roxa, pecharanse ao tráfico as rúas República do Salvador, San Pedro de Mezonzo e Santiago del Estero entre as 19.45 h e as 22.00 horas.

Os taxis da parada de San Pedro de Mezonzo sairán en sentido contrario ao habitual e a liña 5 alterará o seu percorrido pasando por Doutor Teixeiro, A Rosa e Santiago de Chile para reincorporarse á rúa Frei Rosendo Salvado.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.