El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

concerto

Davide Salvado presenta na Casa das Crechas o seu primeiro disco en solitario ‘Árnica pura’

Davide Salvado, ‘enfant terrible’ da música tradicional galega
Davide Salvado, ‘enfant terrible’ da música tradicional galega

23.10.2012 
A- A+

Davide Salvado, ‘enfant terrible’ da música tradicional galega, ofrece hoxe un concerto na Casa das Crechas ás 22.30 horas no que fará un percorrido polos temas do seu último disco, ‘Árnica pura’.

Davide Salvado (Vigo, 1981) é, sen dúbida, un dos cantores máis carismáticos do país. Voz da nosa Banda das Crechas, tráenos desta volta o seu traballo persoal, con repertorio tradicional de distintos lugares da península. Preparando xa o seu próximo traballo, xira aínda con “Árnica Pura”,  disco producido por Eliseo Parra.

Ademais, Salvado é voz e percusión de Xosé Manuel Budiño, membro do colectivo Ecléctica Ensemble, que mestura electrónica e sons tradicionais, actor e performer. ‘Árnica pura’ é o seu proxecto máis íntimo, no que escolma 11 das súas cancións favoritas en galego, portugués e castelán máis un poema de Lucía Aldao e gravounas con cordas, percusións e voces.


datos

Martes 23 ás 22.30h - 4 €