El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Denuncian que a saturación de doentes en Urxencias é crónica

A CIG sinala como detonante as enfermidades do inverno e unha atención primaria "infravalorada"

ECG. SANTIAGO  | 13.01.2018 
A- A+

O sindicato CIG Saúde Compostela denunciou onte, nun comunicado, que o servizo de Urxencias do hospital Clínico de Santiago "atópase unha vez máis, nunha situación de cronicidade pola saturación dos doentes, camas e familiares nos corredores, coa consecuente sobrecarga de traballo para os profeisonais, imaxen habitual ano trás ano no servizo de Urxencias do Clínico".

Segundo o sindicato, a valoración da xerencia da área de Santiago, nunha reunión mantida a primeiros de novembro ao respecto deste tema, "foi a de recoñecer que o servizo de Urxencias é un pilar básico e é a cara visible do hospital, e tamén recoñece que dito servizo adoece dunha organización adecuada, ademáis dunha falta de persoal e material".


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt