El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Editan un libro sobre os Courtier, unha saga de músicos do s. XIX

A obra dos irmáns Beatriz e Alberto Cancela é unha publicación do Consorcio e Alvarellos Editora // Presentarase mañá no Casino nun acto literario e musical

SARA DEL RÍO SANTIAGO   | 27.10.2013 
A- A+

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora publican unha obra sobre a familia Courtier no século XIX titulado La saga Courtier en Galicia, obra dos irmáns Beatriz e Alberto Cancela Montes, e que será presentada mañán no Casino, ás 19.00 horas, nun acto literario e musical.

Tal como recolle no prólogo do libro Xerardo Fernández Albor, a beleza da cidade seguramente levou a Juan Courtier (Barcelona, 1780, de pai suízo) a afincarse en Compostela no 1818, ocupando o posto de primeiro violín na capela da Catedral, "e perpetuar a presenza do seu apelido a través de seus fillos José, Hilario e Juan, e dos seus netos, entre eles, Ricardo".

Os autores sinalan no preludio que é un traballo musicolóxico onde consideraron "conveniente" relacionar o momento vital de cada un dos catro músicos principais coas súas distintas facetas de intérpretes, docentes ou mesmo compositores.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt