El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

"Estou máis molesto polo abandono da Colexiata por parte das institucións, que polo roubo"

O párroco de Sar, José Porto Buceta, avanzou en Radio Obradoiro que pechará o museo e o claustro ás visitas, porque "os estamos mantendo cun déficit moi forte" // Calcula que os ladróns que entraron no templo na madrugada do mércores levaron "uns 1.000 euros e causaron destrozos por valor de 9.000"

Imaxe dalgúns dos destrozos causados na Colexiata de Sar - FOTO: Javi Regos
Ver galería
Imaxe dalgúns dos destrozos causados na Colexiata de Sar - FOTO: Javi Regos

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

José Porto Buceta, párroco da Colexiata de Sar

SANTIAGO. RO  | 26.02.2015 
A- A+

Os ladróns entraron na Colexiata de Sar na madrugada do mércores 25 de febreiro, e levaron un botín "duns 1.000 euros", segundo as estimacións do párroco. Para facerse con el causaron destrozos cuxa reparación vai custar "entre 8.000 e 9.000 euros". José Porto Buceta lembraba este xoves en Radio Obradoiro que esta é "a cuarta ou a quinta vez" que se produce un suceso deste tipo. Iso sí, agradeceulle ós amigos do alleo "que non tocaran o sagrario". Se hai algo que enfada máis a José Porto que este roubo, é "o abandono por parte das institucións da Colexiata de Sar". Tanto é así, que avanzou que "probablemente pechemos o museo e o claustro ás visitas. Non podo cargarlle á administración parroquial os 7.000 euros anuais que custa mantelos abertos, sen axuda de ningún tipo. Xaneiro, febreiro e marzo son meses frouxos. Os bos ingresamos uns 300-400 euros mensuais". As contas non saen. O párroco explicou que a única institución que os axuda é o Consorcio de Santiago. Recoñece que lle entristece "que os de fóra valoren a Colexiata, e non o fagan os de aquí".

Síguenos en twitter e facebook