El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Feira solidaria do libro a favor da Fundación Andrea

Terá lugar entre os días 23 e 25 de abril na Escola Oficial de Idiomas de Santiago

Cartaz da feira - FOTO: EOI
Cartaz da feira - FOTO: EOI

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 17.04.2018 
A- A+

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago acollerá entre os días 23 e 25 de abril unha Feira solidaria do libro, cuxa recadación irá destinada á Fundación Andrea. Todo aquel que o desexe poderá colaborar doando libros novos ou de segunda man (de texto, ficción, divulgación, manuais, libros de consulta, dicionarios, cómics, etc.), ou ben mercando os que estean á venda por un prezo simbólico. As doazóns recóllense do 16 ao 20 de abril na conserxería da EOI en Vite.

Os exemplares que non se vendan doaranse á biblioteca da propia Escola de Idiomas, ou a outras bibliotecas da cidade. A feira estará aberta de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.