Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 19.05.2013  | Actualizado 23.02 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Filharmonía, dirixida por un galego, engaiola e consigue pleno no Apóstolo

Diego García dirixiu este sábado a actuación na Quintana, con cheo absoluto e público entregado // O director ilusionou e conectou moi ben coa orquestra // A música clásica, por fin, accesible a todos os cidadáns

SANTIAGO. XAVIER CEA  | 22.07.2012 
A- A+

Foi un gran éxito e unha noite máxica, con música fermosísima que enfeitizou ao público que asistiu este sábado ao concerto da Real Filharmonía e que encheu ata os topes a compostelá praza da Quintana. Foi unha xornada singular porque era a primeira vez que a orquestra formaba parte da programación das festas do Apóstolo, na que a música clásica se poñía ao acceso de todos, gratis nunha praza da cidade, e tamén moi significativa porque ademais, nesta ocasión sinalada, dirixía un galego.

Á marxe da propia actuación e do interese do público, había expectación por ver como se desenvolvía Diego García coa batuta. E desde logo non defraudou. Conseguiu que os espectadores, por certo, xente de todas as idades, disfrutara dunha velada intensa e se identificara coa orquestra, e respondeu con creces ás expectativas dos profesionais e dos amantes da música culta.

Tratábase, xa o dixera na presentación do concerto o alcalde de Santiago, Ángel Currás, de dar un paso ou de iniciar unha nova etapa para a Filharmonía, unha etapa na que debe coller protagonismo o aspecto lúdico e de achegamento ao público. Un dos obxectivos desta actuación pioneira era que os composteláns coñeceran e viviran unha das mellores formacións musicais. Así foi e así o expresou o público cos seus aplausos e mostrando con xenerosidade a súa aceptación. O acerto foi tal que, segundo puido saber o xornalista que esto escribe, algúns músicos mostráronse encantados e entoaron un aleluia virtual por esta iniciativa que tardou moitos anos.

Moitos dos profesionais que forman parte da Real Filharmonía valoran o traballo de Diego García cunha alta nota, se se me permite esta expresión simbólica, e mesmo se palpou dentro da propia orquestra unha ilusión especial polo talento deste galego que algúns quixeran ver de titular da dirección.

En fin, que o concerto deu moito de si. O mesmo Diego García apuntara na presentación que era, a deste sábado, "unha oportunidade do público para comprobar a calidade desta orquestra" e de achegarse á música clásica, adultos e nenos, a través dun programa "moi popular, con pezas que lle soan a todo o mundo e moi artellado en torno á danza". Foron pezas de A. Dvorák, Danzas eslavas, núm. 1 e 7; J. Brahms, Danzas húngaras, núm. 6 e 11; G. Rossini, Obertura de Guillermo Tell; G. Gershwin, Lullaby; J. Strauss, Obertura de O Morcego; A. Dvorák, Danza eslava, núm. 8; e 
J. Brahms, Danza húngara, núm. 5
. Houbo varios bises a petición do público.

O galego Diego García foi o director musical da produción do Centro Dramático Galego A ópera dos tres reás, así como da orquestra Xovigo e dos proxectos do Taller Atlántico Contemporáneo. Nos últimos anos converteuse nunha das referencias artísticas e musicais de Galicia, participando nos principais certames e festivais da comunidade. Proximamente vai participar na produción de La Traviata no Thèâtre de Caen (Francia) e de Carmen en Gdansk (Polonia). Foi director asistente de Josep Pons na producción de The turn of the screw, de Britten, e de Paul Daniel na producción Król Roger, de Szymanowsky. Como pianista forma, xunto co frautista da Filharmonía Luís Soto, o proxecto Galicia XXI.

 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS