Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 25.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Santiago| local@elcorreogallego.es  |  RSS - Santiago RSS

MIRANDO A VER

Google e o Camiño

01.12.2009 

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANOLO PORTAS

Cada vez somos máis os que cremos que o Camiño de Santiago é para o país -e moi en especial para a cidade- como unha mina de diamantes a ceo aberto que se está a explorar coa tradicional piqueta e non coa maquinaria adecuada aos tempos en que vivimos. Dito con outras palabras, a pesar do gasto de importantes cantidades en campañas de promoción, non se lles está a tirar o rendemento que se lles podería tirar a eses recursos ao desaproveitarmos as posibilidades que brindan as novas canles de comunicación internacional.Varias son as iniciativas relacionadas co Camiño que se deron a coñecer recentemente que atinxen a un público amplo e heteroxéneo de sentirse atraído polo fenómeno camiñante.

Na maior parte delas, a participación institucional non pasa dunha foto, de especial interese para o político de turno, e dun difuso discurso de apoio, que xeralmente non se concreta en nada. A utilización do Camiño como marco espacial para producións cinematográficas, e interpretadas por actores consagrados, supoñen un espallamento publicitario indirecto de valor incalculábel. A elaboración de programas divulgativos a nivel mundial, como a serie recentemente emitida por National Geographic, achega o Camiño a centos de millóns de habitantes no planeta e convérteno nunha alternativa suxestiva e diferente para o período de lecer. Neste sentido, estruturas como a Compostela Film Comission deberían multiplicar a súa actividade pola efectividade comunicativa que teñen hoxe en día o cinema e o mundo audiovisual en xeral.

Mais para alén do ámbito cinematográfico, non hai dúbida de que unha das alternativas máis efectivas e con máis potencialidade para promocionar calquera destino turístico está en Internet. Por iso, cando o mesmísimo presidente da Xunta presentou a inclusión do Camiño de Santiago no Streetview de Google, non podíamos menos que felicitarnos da iniciativa de pór a variante francesa no buscador máis utilizado do mundo. Que calquera persoa, en calquera parte do planeta, poida facer unha visita virtual ao Camiño, pararse nas súas paisaxes máis sorprendentes, na beleza de moitos dos seus tramos, nas xoias artísticas do románico máis xenuíno, permitindo ver a cada paso o que se ve cunha volta de 360º, é sen dúbida unha das mellores promocións que se poden imaxinar.

Mais era todo demasiado ideal. Tal e como aparece agora en Google, o que poden deducir os internautas do mundo enteiro é que o Camiño de Santiago é un vulgar percorrido cheo de quilómetros de asfalto, con marabillas que non se ven e vilas de paso obrigado que non existen, porque seica quen fixo o traballo ía nun veículo que non podía adentrarse na senda. Ninguén na Xunta se preocupou de comprobar a cualidade do servizo contratado. Ninguén asumirá responsabilidades por algo que nestes momentos fai máis mal que ben aos intereses promocionais do Camiño. Ou será o mesmo sr. Feijóo quen pida perdón por esta nova chapuza?

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS