El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Homenaxe ao actor Harry Dean Stanton en Curtocircuíto

O festival proxectará unha película que mostra os momentos máis íntimos do intérprete cos seus amigos

REDACCIÓN   | 07.10.2017 
A- A+

Dous artistas de excepción, o actor norteamericano Harry Dean Stanton o premio nacional de fotografía Alberto García-Alix protagonizarán a xornada de hoxe de Curtocircuíto, na que tamén se proxectarán películas do cineasta francés F.J Ossang e do director arxentino Teddy Williams, entre outras.Coa proxección de <i>Harry Dean Stanton: Partly Fiction</i>, o festival quere render homenaxe ao actor recentemente falecido cunha película que o amosa nos seus momentos máis íntimos, acompañado de amigos como David Lynch, Wim Wenders, Debbie Harry ou Sam Shepard. A longametraxe tamén amosa clips dalgunhas das 250 películas nas que participou, ao tempo que presenta unha faceta menos coñecida de Stanton, a de cantante. A película proxectarase no Teatro Principal ás 17.00 horas.A continuación, o fotógrafo Alberto García-Alix, retratista do underground estatal presentará dúas pezas que dirixiu en 2008 e 2015, <i>De donde no se vuelve</i> e <i>Un horizonte falso</i>. Na primeira realiza un monólogo no que ofrece o seu lado máis íntimo e poético; unha viaxe á memoria entre o presente e o pasado da súa obra e, polo tanto, da súa propia biografía. Na segunda, condensa o período de 2012 a 2015, nunha fábula fotográfica, composta por oitenta imaxes que constrúen o seu propio universo inventado.A estes nomes uniranse as proxeccións de Sección Oficial dos cieneastas F. J Ossang e Teddy Williams. A este último o festival internacional de cine compostelán lle dedica nesta decimocuarta edición a súa sección Púlsar.