Noticia 1 de 1
Santiago
| local@elcorreogallego.es |
RSS
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
"Imos coa asociación" levou os veciños de Villestro a Valença do Minho
REDACCIÓN SANTIAGO | 16.07.2012
Nunha viaxe organizada pola Concellería de Participación Cidadá, máis de medio centenar de veciños de Compostela, acompañados polo concelleiro Francisco Noya, desprazáronse a Valença do Minho.
A excursión está enmarcada dentro do programa de Participación Cidadá "Imos coa asociación", destinado ás asociacións do rural. Neste caso, foron os veciños de Villestro os que se acolleron ao programa e eles sumouse o edil, que é natural desta parroquia. Amenizou musicalmente a viaxe o presidente da asociación veciñal, Jaime Rivera.
A excursión partiu de Santiago para facer unha parada en Baiona, Castro de Santa Tegra e rematar en Valença do Minho e Fortaleza.
© 2013 www.elcorreogallego.es ISSN:1579-1572
Todos los derechos reservados. Prohibida la
reproducción parcial o total del contenido sin la
expresa autorización del propietario.