El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

este mércores

Inaugúrase no Museo do Pobo a exposición 'Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro'

REDACCIÓN SANTIAGO  | 07.04.2014 
A- A+

Este mércores, 9 de abril, ás cinco e media da tarde, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, vai ser inaugurada a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro” que, promovida por GaliciaDigital e a familia do escritor, conta co apoio do Concello de Paradela, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia) e as Secretarías Xerais de Política Lingüística e Cultura da Xunta de Galicia. E, neste caso, para a súa exposición en Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago e o Museo do Pobo Galego.

Neste acto de inauguración teñen confirmada a súa participación o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato; a Concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística de Santiago, Rebeca Domínguez; a viúva do escritor, Irene López e Antonio Giz, Director de GaliciaDigital.

A Mostra está formada por 8 paneis dobres nos que se expoñen de xeito moi gráfico anacos da vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do seu concello natal. Chega esta exposición itinerante ao Museo do Pobo Galego na capital de Galicia, despois de poder contemplarse en Paradela, Lugo (Museo provincial), Begonte (Casa da Cultura), Sarria e Portomarín. A comezos do próximo mes de maio, a mostra viaxará a Cataluña, terra na que Manuel Rodríguez López escribiu a maior parte da súa obra.