Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

{tribuna libre}

Lavacollla, aeroporto internacional

DAVID BALSA   | 13.01.2011 
A- A+

O EXITOSO ANO XACOBEO 2010 acaba de rematar pero a súa positiva influencia sobre a economía e a imaxe exterior de Galicia son feitos que aínda perduraran cunha axeitada xestión das institucións galegas. Neste intre a proxección internacional de Galicia ten acadado avances senlleiros tanto pola visita do Papa Bieito XVI a Compostela coma pola cada día maior difusión do Camiño de Santiago en documentais nas televisións de todo o mundo ou en filmes extranxeiros coma The Way sobre a Ruta Xacobea. Galicia esta abrindo portas cada día en Europa e no resto do mundo en eidos coma a moda, con empresas coma Inditex e os nosos novos diseñadores e as prestixiosas modelos galegas coma a consagrada Laura Ponte ou as xovenes promesas coma a enfeitizante Lorena Mato desfilando nas pasarelas de Milán ou París. Tamén está a producirse unha forte expansión das empresas de novas tecnoloxias e comunicación coma a emblemática Televés, a innovadora farmacéutica Zeltia, os novos pedidos para os asteleiros de Vigo ou Ferrol, e en xeral un proceso imparable de internacionalización da economía e da cultura galega con voces coma as emerxentes escritoras Rosa Henríquez ou Emma Couceiro, os solventes actores Luis Tosar ou Xoan Carlos Mejuto ou as actrizes da talla da fascinante e hipnótica Comba Campoy ou a ecléctica Cristina Castaño así coma as amplamente recoñecidas sopranos galegas Laura Alonso e Eduviguis Sanchez.

Sen dúbida a recente apertura dos primeiros edificios da Cidade da Cultura, unha obra fudamental para o noso país, contribuirán aínda máis a esta expansión da cultura galega e a chegada de novos visitantes do exterior.

Nembargantes iste firme crecemento no exterior de Galicia nos planos económico e cultural, e por conseguinte o seu maior peso politico entre as rexións da Unión Europea, pode verse afogado e estrangulado na próxima década de non contar cunhas infraestructuras de comunicación aeroportuarias a altura dos retos do século XXI. Lavacolla, o aeroporto da capital de Galicia, necesita un apoio decidido e sen fisuras de todalas institucións galegas (Xunta, deputacións e concellos) e do Goberno central e AENA para abrir e ampliar novas rutas internacionais.

O aeroporto internacional de Lavacolla e unha infraestructura clave para o futuro desenrolo de toda Galicia. Ninguén debe eludir as súas responsabilidades neste intre decisivo para afortalar e consolidar a que é, indiscutiblemente, a principal ventana o exterior de Galicia.