Dende o pasado 9 de xullo once dos máis importantes restaurantes santiagueses ofrecen tapas de vangarda a só 2 € nas rutas de Tapéate Compostela. Informa o concello.
Nos primeiros sete días da posta en marcha de Tapéate Compostela servíronse máis de 3.500 tapas nos once locais participantes. Este importante número de tapas amosa a boa acollida e grande aceptación que está tendo esta iniciativa, organizada polos propios restaurantes participantes e que conta coa colaboración do Concello de Santiago, Estrella Galicia, o Mercado de Abastos e o Hostal dos Reis Católicos.
Tapéate Compostela, que continúa ata o vindeiro domingo 22 de xullo, e unha iniciativa que ten como finalidade a dinamización turística da capital galega e o achegamento da oferta gastronómica de locais de vangarda. Tapéate Compostela é unha gran oportunidade para que podamos coñecer toda a riqueza da nosa gastronomía.
O horario para degustar as tapas é de 13:30 a 14:30 e de 20:30 ás 23:30.
Locais participantes
Os locais participantes son once e agrúpanse en dúas rutas: Zona Vella e Zona Nova. As tapas que se degustarán son as seguintes:
ZONA VELLA
O Curro da Parra: Volandeira "O Curro da Parra"
Garum Bistró: Ovo Atlántico
A Tafona Casa de Xantar: Kokotxa con arroz meloso de Codium
Acio: Bocadillo de mejillones con jugo de ensalada.
La bodeguilla de San Roque: Filloa rechea de grelos e mexillóns
ZONA NOVA
Tapería Castelao: Ensalada de robaliza
La Cavita:Tosta mariñeira con tomate, parmesano e xarda afumada
Manso: Fritura de chipiróns, cebola e améndoa
Descorche: Polbo fritido en fariña de millo con pimento de Arnoia
Bistró Leal: Ovo sorpresa
A Viña de Xabi: Piruleta de polo de curral con gambas pasado por panko de millo e mahonesa de curry vermello