Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.05.2013  | Actualizado 18.39 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A SELECCIÓN volve tocar o ceo

Marea vermella e delirio na praza Roxa coa goleada de España na final da Eurocopa

Unha multitude de santiagueses entoaron os canticos de 'Campeones, Campeones...' xa antes de que acabara o primeiro tempo // Compostela coreou ao grande a entrada de Torres // Ao final, bailes, cantos, bombas de palenque, petardos, palmas... festa rachada e cafeterías cheas // Moitos xa pensan no próximo mundial de Brasil para seguir facendo historia

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 02.07.2012 
A- A+

Foi o delirio na Praza Roza, chea a rebentar de santiagueses que quixeron vivir alí, xuntos, a final da Eurocopa. Indescriptible ledicia, sorrisos de orella a orella, berros de euforia e, pouco antes do descanso, xa se cantaba o grito dos campións. España ía gañando dous a cero e a marea vermella que asulagaba a Praza compostelá xa estaba convencida de que o equipo adestrado por Del Bosque faría bo aquelo de 'non hai dous sen tres'. Italia pouco ou nada puido facer ante un rival moito máis forte.

Xa ás seis da tarde -o partido empezou ás 08:45 horas- había un bo número de persoas sentadas na praza, gardando sitio e escoitando boa música que pinchaba un 'dj' nunha plataforma diante da macropantalla colocada para a ocasión. Un vendedor ambulante ofrecía o 'merchandaising' oportuno e o terraceo cobraba forza. Facíase obvio o cada vez maior fluxo de xente que chegaba doutros lugares da cidade con bandeiras e bufandas.

A zona vella de Santiago foise baleirando mentres que a nova, coa Praza Roxa como punto de encontro, se enchía. Nesta afluencia as xentes do fútbol xuntáronse coas xentes das rebaixas. Moitas tendas desa área do centro, próximas á praza, aparecían moi concorridas para as compras. Finalmente, bastante antes de empezara a final da Eurocopa, a xuventude santiaguesa xa ocupara a totalidade da praza, ata os topes.

No centro había un grupo de italianos, perfectamente identificables polas bandeiras tricolor e as cores de guerra nas súas caras que, obviamente, animaban a selección azurra.  As súas voces quedaron absolutamente apagadas pola marea vermella santiaguesa, que comentaba a pé de praza superioridade de España e xaleaba as poucas pero magníficas paradas de Íker Casillas.

A euforia desatouse co primeiro gol -pase inverosímil de Cesc e cabezazo impecable de Silva- e apareceu o delirio co segundo, con supercarreira e puntilla de Jordi Alba. Os composteláns empezaron a cantar 'Campeones, campeones...' bando aínda non rematara a primeira parte.

Na segunda metade a emoción foi a máis. Constantes ataques da 'Roxa' e máis intervencións afortunadas de Casillas. Ocasións de gol e un penalti por mans dun xogador italiano que provocou as protestas a voces dos santiagueses. Dominio e máis dominio español, cambios e Italia que queda con dez e que se entrega. O partido estaba sentenciado bastante antes de acabar. A Eurocopa xa era española e sobraba tempo.

A afección santiaguesa coreou os cambios do equipo de Del Bosque, moi especialmente a entrada de Torres, e aínda chegaron os tantos do mesmo Torres e de Mata. Goelada. A Praza Roxa exteriorizaba o delirio e Santiago celebraba o novo campionato. Despois, cando a historia estivo escrita, a marea vermella compostelá bailou, cantou, botou bombas, petardos e disfrutou da celebración. E xa había quen pensaba no mundial de Brasil.

As cafeterías e bares da zona nova estiveron tamén a tope despois do partido, xa que a marea que ateigaba a praza repartiuse e encheu os locais. A a festa prolongouse durante a noite e a madrugada. E non só se celebrou a fazaña na praza Roxa; nas rúas e barrios de Santiago moitos seareiros, novos e vellos, levantaron simbólicamente a copa cos xogadores da selección. Mesmo houbo cativos que se tiraron á piscina emulando aos seus maiores nas celebracións das grandes xestas. O fútbol español regalou outra vez moita maxia e unha enorme ledicia.

 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Vídeos Praza Roxa




Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS