Sábado 25.05.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
Mario Conde, que será presentado polo escritor Alfredo Conde, falará sobre as causas que levaron á actual crise que, segundo a súa análise, non é só económica senón “de valores”. Conde asegura que a linguaxe económica que “pasou a formar parte da vida diaria dos medios e da propia sociedade” impide ver “os auténticos motivos da crise”, que van moito máis alá da conxuntura económica e afectan “ao propio Sistema”.
Aproveitando a convocatoria, MR Edicións montará un stand no propio hotel para que os interesados poidan coñecer máis profundamente a análise realizada por Mario Conde sobre a situación actual no seu libro De aquí se sale.
Mario Conde destacou por converterse en presidente de Banesto con 39 anos e unha das persoas máis influentes do país nos oitenta. Despois virían varios procesos xudiciais, o cárcere e a caída en desgraza que lle levou a construír un novo “eu”. Así, tras saír do cárcere en 2008 comezou a súa nova vida que, entre outras cousas, tróuxolle ata Galicia, onde vive coa súa muller nunha pequena aldea da Mezquita. Ademais da súa actividade empresarial, Conde dedícase agora a escribir e colabora con diversos medios de comunicación.
