El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O martes péchase ao tráfico a Avenida de Vilagarcía, por mor das obras de urbanización

Cinco anos despois de que se presentara o primeiro proxecto de reurbanización da rúa, esta semana arrancan os traballos, que durarán 8 meses

ELENA PITA- CORREO TV  | 16.04.2018 
A- A+

Foron necesarios 5 anos e varios modificados do proxecto para poñer en marcha as obras de reurbanización da Avenida de Vilagarcía. Este martes arrancan os traballos que financia a Deputación da Coruña e que se van alongar 8 meses. O concelleiro de Obras, Rafael Peña e o edil de Convivencia, Xan Duro, ofreceron este luns os detalles da actuación que obrigará a manter cortada a rúa varios meses.