El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Muiños acusa a CA de "falta de transparencia"

REDAC.   | 07.10.2017 
A- A+

XOÁN XXIII O concelleiro socialista Gonzalo Muiños denunciou onte a "falta de transparencia" do grupo de goberno local, ao non incluir na orde do día, nin na documentación, do Consello de Administración de Tussa celebrado a presentación do informe dos datos de ocupación do parking de Xoán XXIII durante os meses de prohibición de acceso por esta vía, xunto cos rexistrados no mesmo período do pasado ano 2016. O grupo municipal socialista rexistrara o pasado 5 de setembro unha solicitude de convocatoria dun consello de administración extraordinario da empresa municipal Tussa co obxecto de que o presidente informara "dos datos rexistrados desde a adopción desta medida, comparando os mesmos meses dos anos anteriores".