El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O muro caído da rúa París segue sen ser reparado

REDAC.   | 07.10.2017 
A- A+

FONTIÑAS O grupo municipal socialista denunciou unha vez máis a situación na que segue un muro da rúa París, no barrio de Fontiñas, sen que se teña reparado por parte do grupo de goberno, nin se "atisbe" solución a curto prazo ao respecto, subliñou o concelleiro Gonzalo Muiños. "Xa teñen pasado xa cinco meses da aprobación plenaria desta actuación sen que o goberno local o reparase, no que vén sendo outro claro exemplo da falta de mantemento da cidade", engadiu o edil do PSOE. Así, o concelleiro socialista esixe ao Concello que leve a cabo o arranxo deste muro "á maior brevidade posible"; máis aínda, dixo, "cando xa comezou o curso escolar e por esta zona pasan a diario moitos nenos e nenas, xa que este muro da rúa París está no camiño ao CEIP As Fontiñas.