Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 25.11.2014  | Actualizado 22.51 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

O Museo Casa da Troia reabre hoxe e poderá visitarse todo o verán

Ven de estrear a web www.lacasadelatroya.org, pola que se fai un percorrido histórico

REDACCIÓN.   | 14.07.2011 
A- A+

Santiago. O Museo Casa da Troia abrirá de novo as súas portas ao público hoxe xoves. O recinto, que poderá visitarse durante todo o verán, polas mañás en ho-rario de 11.00 a 14.00 horas e polas tardes de 16.00 a 20.00 horas, estará pechado como é habitual, os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

O museo está xestionado pola Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que ao longo deste verán ofrecerá visitas dramatizadas á vella pensión de estudantes do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya. Nela aloxábase o personaxe principal, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudios.

Por outra banda, o Museo Casa da Troia acaba de estrear a web, www.lacasadelatroya.org, a través da cal se pode facer un percorrido pola historia da casa, dende a antiga hospedaría de universitarios ata o museo actual. Tamén hai un espazo dedicado á novela e ás películas que se realizaron a partir da mesma. E recóllense as actividades programadas no marco deste museo.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS