El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

‘Na Butaca’ chega o día 21 ao Principal co galo do Día Mundial do Alzhéimer

REDACCIÓN  | 14.09.2017 
A- A+

AGADEA O vindeiro xoves, día 21, co galo do Día Mundial do Alzhéimer, estréase, ás 20.30 horas, no teatro Principal de Santiago Na Butaca, fantasía nº3 en Dor Maior, unha obra teatral de ButacaZero co apoio da Asociación Galega de Axuda ós Enfermos de Alzhéimer (Agadea) e Editorial Galaxia. É unha peza de teatro que aborda a temática do esquecemento de maneira poética cun solo de actriz, Pepa Barreiro, que cabalga durante 50 minutos entre o teatro contemporáneo e a danza. Todo o recaudado reverterá en Agadea, xa que é unha función benéfica. A partir de ese día ButacaZero comezará unha xira benéfica na que contará coa colaboración da asociación tanto o 29 de setembro en A Estrada coma o 1 de outubro en Riveira, volvendo a ser as dúas funcións benéficas.

As entradas costan dez euros e podrán comprarse na taquilla do teatro Principal de martes a sábado, de 18.00 a 21.00 horas, ou na sede social da asociación, en Salgueiriños de Abaixo nº 15. Tamén están dispoñibles nas Terapias de Estimulación Cognitiva tanto na rúa Diego de Muros ou no Edificio Cabes, rúa Manuel María nº 6, en Salgueiriños.