"> " />

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

o premio, un Ipad Mini

Olalla Esmorís Blanco gaña o concurso de vídeo 'No corazón do teu barrio' de Santiago

Os participantes tiñan que realizar un vídeo de entre 20 segundos e 2 minutos de duración onde contaran as vantaxes de comprar nos comercios situados na zona Urbana Norte

04.03.2014 
A- A+

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, entregoulle o premio, un Ipad Mini, ao pai da gañadora, Manuel Esmorís Boquete, xa que ela estaba traballando, nun acto que tivo lugar na Casa do Concello.

Os veciños da zona norte de Santiago foron convocados a participar no concurso de vídeos "Non Corazón do Teu Barrio" que tiña como obxectivo a promoción do comercio de proximidade da zona Urbana Norte da capital galega.

Despois dunha primeira fase na que os veciños dos barrios da zona Urbana Norte foron os protagonistas da campaña de promoción do comercio, realizouse unha selección entre os que participaron nos diferentes castings que se desenvolveron nos propio barrios. Foi o momento no que todos os veciños puideron axudar ao comercio do seu carón participando no Concurso de Vídeos "Non Corazón do Teu Barrio".

Os participantes tiñan que realizar un vídeo de entre 20 segundos e 2 minutos de duración onde contaran as vantaxes de comprar nos comercios situados na zona Urbana Norte. O guión era libre e gañaría o vídeo máis creativo que promovera mellor o comercio de proximidade.

A gañadora neste caso foi Olalla Esmorís Blanco, de Salgueiriños-Meixonfrío, cuxo vídeo resultou premiado por un xurado que elexiu o mellor de entre os vídeos con máis votos no Facebook do concurso. O premio consistiu nun Ipad Mini.