El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

nas festas da Ascensión de santiago

Pablo Nieves, Gabriel Alonso e Aida Cruz, premiados na II Gala lírica

Os sete alumnos dos Conservatorios da Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Santiago - FOTO: CMUS
Ver galería
Os sete alumnos dos Conservatorios da Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Santiago - FOTO: CMUS

SANTIAGO  | 03.06.2014 
A- A+

Un ano máis o público disfrutou o pasado venres 30 de maio no Teatro Principal dunha Gala Lírica, enmarcada xa nas festas da Ascensión e promovida pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, Obra Social La Caixa, Fundación Araguaney e o Ateneo.

A Gala reuniu a sete alumnos dos Conservatorios da Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Santiago.

Pablo Nieves Fuentes, do Conservatorio de Pontevedra e ex-alumno do CMUS Santiago, acadou o premio do xurado na modalidade de ópera, e Gabriel Alonso Días, do Conservatorio de Ferrol, na modalidade de zarzuela. O premio do público, patrocinado polo Ateneo, foi para a representante do Conservatorio de Santiago, Aida Cruz Estévez, coa súa interpretación de Dove sono de Le nozze di Figaro de Mozart.