El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Premio de divulgación xacobea á ‘Peregrino’

O director da revista, José Antonio Ortiz, recolleu onte o galardón en Samos

ECG  | 27.11.2016 
A- A+

Santiago. A revista Peregrino, editada pola Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, recibiu  onte o IV Premio de divulgación do feito xacobeo, da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA).

O acto, presidido polo Presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro, contou coa presenza de dez asociacións xacobeas, e entre outros, Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela; Eduardo Vidal, da Deputación de Lugo, e Rafael Sánchez, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

O presidente da APECSA entregou ao director da revista, José Antonio Ortíz, o galardón, unha obra do escultor Luís Loureira, Harmonía, e un diploma.