El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Queixas polo estado do Camiño de Fisterra á súa saída de Santiago

REDACCIÓN WEB  | 04.03.2018 
A- A+

Un lector de El Correo Gallego vén de denunciar, a través deste buzón, "o estado do Camiño de Fisterra á súa saída de Santiago, concretamente na costa que hai despois de cruzar o río Sarela, que vai dar á estrada que sube de Vidán ao Pedroso". Engade que "na actualidade atópase nun estado pésimo tanto para ciclistas como para os peregrinos a pé". Sinala que, "sendo un Camiño tan frecuentado, considero que se debe arranxar e acondicionar a zona para que todo o mundo poida camiñar sen dificultades. Adxunto unha fotografía na que se pode apreciar o que comento". 

Foto que nos fixo chegar o lector a propósito da súa queixa