El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Reordenación de unidades no Clínico para evitar duplicidades nos servizos

Pneumoloxía unifica recursos e Medicina Interna amplía camas no hospital de Conxo

REDAC. SANTIAGO  | 13.02.2018 
A- A+

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago dálle un novo pulo á reordenación e unificación de servizos na busca dunha mellor atención aos doentes. Tal e como xa anunciara a xerente, Eloína Núñez na presentación da ampliación de espazos no Hospital Clínico, estase a estudar e analizar cos profesionais o proceso máis axeitado para proceder a dita ordenación, que xa comeza mesmo antes da ampliación pola que desaparecerán as habitacións con tres camas no Hospital Clínico.

Así, o servizo de Medicina Interna, que atende maioritariamente a doentes crónicos e pluripatolóxicos, moitos de idade avanzada, acada un incremento no número de camas ao seu cargo, un total de 93, no Hospital de Conxo

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt